SENSACIÓNS E CONCLUSIÓNS
.
.
Cando te ergues do teu sono e o soño esvaécese coma as túas perspectivas de futuro, atópaste coa realidade. Ela ante ti, contigo, atrapándote. Penetra no teu corpo e déixache paralizado. Converténdote nunha mera estatua de pedra. Nun espectador anulado e aniquilado.
Faste promesas que se rachan. Desorientado. Aquel fermoso mundo que tiñas en mente cáese. Cada vez máis abaixo. Segue caendo, ráchase. Ráchaste. Non tes a que agarrarte. Non é, xa non é. As lembranzas entristécenche, os feitos actuais doen con especial crueldade. Ves como se enferman as pedras.
As frases van cara abaixo. A musicalidade dos versos estrágase. Estás, simplemente estás. Onde? Nunha borrosa marxe. Non sabes que dicir, o que crees que te libera, probábelmente empeorao todo.
O poema esquecido é o máis agradecido xa que a súa dor vaise co tempo. Un tempo que segue fluindo cara ningures, pero sen deterse.
Atónito, contrariado, perdido. Tanto que as túas forzas desgástanse en loitas inútiles, as cales non teñen sentido. Loitas contra ti mesmo e contra o espello que che cuspe o teu reflexo. Desprecias a quen che quere axudar.
Xa non sabes quen eres, o que eres. Non sabes que sentido ten todo isto. Vacíaste, disólveste no teu propio ácido.
-
Escribo isto en galego porque sei que tiña que pagar unha débeda. Tíñache que pagar, (xa sabes a quen me refiro). Tíñame que pagar unha débeda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario